martes, 11 de marzo de 2014

Alan Turing


Obtivo unha bolsa para estudar na universidade de Cambridge, onde se graduou da licenciatura de matemáticas con honras en 1934. En abril de 1936, publicou o artigo "On computable numberswith anapplication to the Entscheidungsproblem" no que introduce o concepto de algoritmo e de máquina de Turing.

Turing foi recrutado polo exército británico para descifrar os códigos emitidos pola máquina Enigma utilizada polos alemáns comezou a construír a primeira computadora electrónica, chamada Colossus, baixo a supervisión de Turing, construíronse 10 unidades, e a primeira empezou a operar en 1943. Polo seu traballo no Colossus,Turing recibiu a Orde do Imperio Británico en 1946.



A máquina de Turing. Crear un ordenador cando aínda non existían transistores e moito menos chips podería ser considerado como algo imposible, non obstante, Turing deseño as bases dunha máquina programable capaz de resolver operacións sinxelas. Basicamente o sistema formulado era capaz de ler información axeitadamente formatada do exterior, realizar unha operación sobre ela e dar unha información de saída de acordo coa operación realizada. Para o desenvolvemento deste dispositivo tivo tamén que sentar as bases dun novo concepto, os algoritmos que máis tarde darían lugar ás primeiras linguaxes de programación.


O test de Turing. A súa parte máis filosófica lévolle a crear o concepto de intelixencia artificial e as posibles consecuencias que tería. A investigación centrábase en lograr distinguir o momento crítico no cal unha máquina/ordenador lograse igualar ou superar o razoamento humano. Para iso desenvolveu o test que leva o seu nome e que basicamente trata de poñer a proba a intelixencia cognitiva. Turing aclarou que cando un ordenador poida manter unha conversación e as súas respostas non poidan distinguirse das dun ser humano, entón terá superado o test.

De 1945 a 1948 Turing viviu en Richmond, Londres onde traballou no NPL Laboratorio Nacional de Física no deseño do ACE (Motor de Computación Automática [Automatic Computer Engine]). En 1946 presentou un estudo que se convertería no primeiro deseño detallado dun computador automático. O primeiro borrador da noticia sobre o EDVAC de Von Neumann foi anterior ao de Turing, pero moito menos detallado. Aínda que deseñar o ACE era factible, o secretismo que reinaba durante a guerra desembocou en atrasos para iniciar o proxecto polo que Turing se sentiu desilusionando. En 1947 tomou un ano sabático en Cambrdige tempo durante o cal produciu o xerme sobre a Intelixencia Artificial que non foi publicada en vida. Mentres se encontraba en Cambrdige o piloto do ACE estaba a ser construído a pesar da súa ausencia. ACE executou o seu primeiro programa informático en maio de 1950. Aínda que a versión completa da ACE de Turing xamais foi construída, un gran número de computadoras arredor do mundo débelle moito a esta.

A mediados de 1948 foi nomeado director delegado do laboratorio de computación da Universidade de Mánchester e traballou no software dunha das primeiras computadoras reais, a Manchester Mark I. Durante esta etapa tamén realizou estudos máis abstractos e no seu artigo "Máquinas de computación e intelixencia" (outubro de 1950) Turing tratou o problema da intelixencia artificial e propuxo un experimento que hoxe se coñece como Test de Turing, coa intención de definir unha proba estándar polo que unha máquina podería catalogarse como "sensible" ou "sintiente". No documento, Turingsuxeriu que en lugar de construír un programa para simular a mente adulta, sería mellor producir un máis simple para simular a mente dun neno e logo sometelo a educación. Unha forma invertida da proba deTuring úsase amplamente en Internet, o test CAPTCHA que está deseñado para determinar se un usuario é un humano ou unha computadora.